ELECTRIC DRUM HEAD
¿Quen son?
PABLO DEL VALLE
Nace en Vilalba no 1991. Obtén o título superior de percusión polo Conservatorio Superior da Coruña con matrícula de honra coa profesora Pilar Garcia Ríos. Paralelamente completa a súa formación no CEI da Escola de Altos Estudos de Santiago de Compostela, co mestre José Vicente Faus, timbaleiro da Real Filharmonía de Galicia.
Realiza clases maxistrais con Guido Rüeckel (Orquestra Filarmónica de Múnich), Nick Woud e Marc Braafthart (Royal Concertgebouw), Jesús Porta (NDR), Iñaki Martín (Orq. Sinfónica de Sevilla) e Alejandro Sanz e José Trigueros (Orq. Sinfónica de Galicia). Tamén asiste a cursos de perfeccionamento instrumental con Lorenzo Ferrándiz, Markus Leoson, César Peris e Nuno Aroso.
Foi membro do dúo para clarinete e percusión “Too” actuando no IV Ciclo de Música Contemporánea “MIHL SONS XXI”. Participou nos didácticos da Real Filharmonía de Galicia dentro das VII Xornadas de música contemporánea de Santiago de Compostela co espectáculo “O pulso da Fala”.
No ano 2020, realiza a estrea da obra para marimba e electrónica “Alegorías” de Uxío D. Darriba na VII edición do Ciclo de música Contemporánea de Lugo. No 2023, coa Academia Internacional Vertixe Sonora participa no “Universo Reich” coa interpretación por primeira vez en Galicia da obra “Música para 18 músicos” de Steve Reich.
Ata 2021 foi solista de percusión na Banda Ferrolá de Música e membro da Orquestra Gaos. Tamén colaborou coa Banda Municipal de Lugo a Banda Municipal da Coruña e coa Orquestra Sinfónica do Cantábrico (OSCAN)
No ámbito da docencia impartiu clases na Escola de Música de Vilalba, Burela, Conservatorio Liceo La Paz da Coruña, e no Conservatorio “ Xan Viaño” de Ferrol.
Na actualidade é percusionista freelance e creador do espectáculo “Electric drum head” para caixa e electrónica sobre saúde mental.