ELECTRIC DRUM HEAD

Proxecto

ELECTRIC DRUM HEAD é un proxecto para caixa e electrónica que relaciona algún dos problemas de saúde mental na sociedade a través da música.
O nome é un xogo de palabras entre os drum heads -parches dos instrumentos-, a electrónica -presente en todas as pezas do repertorio- e a nosa cabeza.
O programa formado por 7 pezas de compositores contemporáneos americanos, pretende visibilizar como certos comportamentos cotiás poden afectan ao noso estado emocional.
Partindo desta premisa, o obxectivo principal é que a figura do espectador adquira unha maior relevancia. En cada unha das obras exponse unha situación na que el pode chegar a sentirse o protagonista dende un punto de vista reflexivo e a través da súa experiencia persoal.
Do mesmo xeito, a experiencia persoal do intérprete queda reflexada neste programa, comezando a ter o primeiro contacto coas pezas durante o comezo do confinamento.

O repertorio

Está formado por 7 obras de compositores americanos para un único instrumento de percusión: a caixa.
Todas estas pezas están acompañadas de electrónica e unha delas ademais leva
proxección audiovisual.
O solista interactúa en todo momento co acompañamento coma se estivese nun
concerto a dúo.
O repertorio explora as posibilidades sonoras do instrumento mediante o uso de diferentes baquetas, golpes coas mans, rasgado dos parches…
Cada obra relacionase con algún dos problemas de saúde mental que xurdiron
durante a época post-pandemia.

Duración: 1 hora aprox

Os meus concertos

Mobile Casino Slots for Smartphones

Mobile casinos have become the option of slot players that want to play their favourite casino games on the move. This means you no longer want a computer or a games console to play your favorite slots games. You can play Wild slots onto your mobile phone from any...

Bizzo

Auto-generated excerpt